Odoo

Odoo

Descrición en profundidade
Odoo é un ERP de código aberto que cobre todas as necesidades da empresa: CRM, vendas, compras, almacén, facturación, contabilidade, xestión de proxectos, fabricación...

Trátase dun software totalmente integrado, modular e escalable, cun deseño moderno e elegante e cunha excelente e intuitiva experiencia de usuario
Problemas resoltos pola solución
Ao tratárense dun ERP totalmente integrado, de modo estándar axuda a resolver posibles ineficiencias en todos os procesos dunha empresa (loxísticos, vendas, compras, facturación…). Odoo é un ERP flexible e que pode desenvolverse a medida permitindo resolver problemas concretos e específicos de empresas con casuísticas especiais: - Integrar Odoo con tendas de comercio electrónico (Prestashop, Shopify….) - Xestión de rastrexabilidade completa en industria alimentaria. - Xestión loxística, rastrexabilidade e facturación de procesos de alugueiro de produtos. - Facilitar a xestión de procesos de fabricación a medida. - Integración con plataformas de compra para provedores. - Integración con outros softwares de xestión ou contabilidade (Sage, A3, Xero…)
Presuposto ou prezo de referencia
5,000€-10,000€
Observacións
Entre 5.000€ e 10.000€ para unha implantación estándar. No caso de implantacións que impliquen desenvolvementos a medida, para establecer o prezo definitivo é necesario realizar un labor previo de análise.